Presentación

Este blog nace co obxectivo de convertir o Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) do CPR. Plurilingüe San Fermín PP. Somascos de Caldas de Reis, nun plan de vida saudable promocionando as actividades lúdico deportivas na comunidade educativa integradas como unha rutina diaria e feitas con ledicia.

Ademais, daremos visibilidade ás actividades deseñadas no Plan Proxecta cos programas DAFIS, XOGADE, Milla diaria e Movete+ impulsados pola Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, que permitiranos coñecer e valorar diferentes parámetros en referencia a saúde do noso alumnado para, posteriormente, impulsar medidas encamiñadas á mellora da súa condición física.

Desenrólase tamén no PVAD o Programa de Bienestar Emocional, a través da intelixencia emocional, que quédase con nos polos resultados tan favorables que estamos a ter, para reforzar a autoestima e favorecer actitudes positivas cara as dificultades que poidan xurdir.

E, estamos pendentes de recibir a confirmación da terceira ratificación (xuño 2025) por parte do Programa de Centros, Inspección e Ministerio de Educación para a continuidade do distintivo de calidade Selo de Vida Saudable, connosco dende o ano 2017 e ratificado tamén nos anos 2021 e 2023.

Pretendemos continuar no camiño de ser un Centro Activo e Saudable, camiño que rematamos con ledicia con actividades que iremos descubrindo… seguindo coma peregrinos (ultreia et suseia) co lema deste curso: CONTAMOS CONTIGO, CONTA CON NÓS!